viernes, julio 15, 2005

Reunión da Asociación Lares Unidos

A ASOCIACION DE VECIÑOS CULTURAL E DEPORTIVA “LARES UNIDOS” DE VILARMOSTEIRO E NEIRA CON CONVOCA CON MOTIVO DAS FESTAS DO SAN VICTORIO :

ÓS VECIÑOS DAS PARROQUIAS DE NEIRA E VILARMOSTEIRO A UNHA REUNIÓN EXTRAORDINARIA QUE TERÁ LUGAR O VENRES 22 DE XULLO DO 2005 NA CASA DO FELIPE ÁS 22:00 H ( 10 DA NOITE )

PUNTOS A TRATAR :

1.Eleccion dos Órganos directivos da Asociación por votación libre

2.Firma da Acta da Asamblea Extraordinaria da Asociación .

3.Aumento do Número do Socios das Parroquias de Neira e Vilarmosteiro ó maior posible .(Cantos máis socios mellor ) .

4.Poñer os Cartos da Festa do San Victorio baixo poder desta Asociación ( para que so se podan sacar con varias firmas mancomunadas ) a plazo fixo .e de deixar outros poucos cartos á Conta Corrente para Gastos de Selos postais ,Noticifiacións , Cartas etc.

5.Elección dos ramistas da Festa do San Victorio 2005

6.Compra dunha maleta para que a documentación desta Asociación ( Estatutos , Documentación , Libros de Contas , de Socios , de Actas esté sempre baixo poder do seu presidente ou secretario e así nunca se extravíe ).

7.Pago dos gastos das taxas da Xunta e dos Libros ó socio fundador .

8.Compra dun cruño para a Asociación no que figure o seu Número Fiscal .

9.Adaptación dos Vellos Estatutos á Nova Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo de Asociacións .

Nota : Traede os D.N.I con vós ou no seu defecto Carnet de Conducir para a súa anotación no Libro de Socios .